No Campionato de natación alevín celebrado en Cervo.

Sete medalla para o CNPO

Os días 2 e 3 de xullo celebrouse na pis cina municipal de Cervo -Lugo- o Campionato de natación de categoría alevín.

O Club Natación Pabellón Ourense logrou sete medallas das cales unha foi de ouro, tres de prata e outras tres de bronce.

Medallas
O ouro foi para Santiago Gutiérrez en 100 libres. As pratas lográronas Aldara Estévez en 400 libre e Eva Feijoo en 200 costas e 100 libres; ademais Feijoo logrou mínimas para o Campionato de España alevín. Colgáronse o bronce Manuel González en 100 braza e 200 braza e Eva Feijoo en 100 costas, e tamén mínima para o nacional.

En canto á clasificación por equipos o CNPO foi sexto na masculina, oitavo na feminina e sexto na conxunta.

Outras actuacións
Destacadas, aínda que sen subir ao podio foron as actuacións de Santiago Gutiérrez, cuarto en 200 libres; Anxo Vigo, quinto en 100 costas e 100 bolboreta; Alexandre Álvarez, oitavo en 100 costas; Samuel Civeira, décimo en 400 libres; Raúl Civeira, 12º en 400 libres; Uxía Gómez, décima en 100 bolboreta e Carmela Agromayor, oitava en 200 braza.

Conseguiron mellores marcas persoais: Xiana Babarro en 400 libres; Arianna Méndez en 400 libres e 100 braza; Natalia Cid en 200 costas; Sofia Rodríguez en 200 costas; Anne Villa en 200 costas; Juan R. Cedeira en 100 braza; Samuel Civeira e Raul Civeira en 1500 libres; Anxo Vigo en 200 costas e Alexandre Álvarez en 200 costas.