Será os días 8, 9 e 10 de xullo coa gastronomía como protagonista.

Os días 8, 9 e 10 de xullo terá lugar no concello de A Pobra de Trives, a XII+I Concentración Mototurística, organizada polo Motoclub Os Esquios de Trives. Esta concentración non so é a máis veterana da provincia senón que, actualmente, é a única destas características.

A programación inclúe abundante comida (chourizada, sangría, churrascada e pinchos), fantásticas rutas de interior, animación, música, entregas de premios e agasallos, unha ruta de bengalas como homenaxe aos motoristas caídos nas estradas, exhibicións acrobáticas a cargo de Paulo Martinho e, como novidade nesta edición, un espectáculo de Ferrari (estas dúas últimas o sábado a partir da medianoite).

Haberá zona de acampada, tanto cuberta como exterior, con servizos e duchas, así como hoteis, campings, pazos e pensións colaboradoras.

Inscrición

A inscrición ten un prezo de 30 euros (25 para socios do MotoClub), e o aforo está limitado aos 350 primeiros inscritos, que deben facelo na conta de Abanca ES55 2080 0445 3830 4000 5700 (indicando nome completo e DNI).

Os interesados en recibir máis información poden chamar aos teléfonos 609 377 555, 629 590 401 e 639 600 947; ou escribir a os.esquios@gmail.com.