Comunicado de SATSE sobre os contratos de media xornada en centros de saúde.

Dende este sindicato SATSE de Ourense, volvemos a mostrar, tristemente un ano máis, como esta dirección volve a mostrar o abuso sobre os traballadores temporais, ao condenalos a contratos de media xornada (3 horas e media diaria) nos centros de saúde da provincia.

O persoal contratado vai realizar así a atención sanitaria na metade de tempo que o fan as enfermeiras/os titulares, sobrecargando ao resto de persoal, e ademáis, realizar a atención domiciliaria igual que os titulares, pero cobrando e cotizando a metade do soldo.

Dende a dirección nos refiren que fixeron un gran esforzo, e fixeron menos contratos a media xornada que o ano pasado, pero aínda así, máis da metade dos bloques de vacacións en Atención Primaria, seguen a ser en media xornada.

Dende SATSE, denunciamos publicamente esta situación, e estaremos vixiantes de denunciar ante inspección de traballo (como xa vimos facendo ultimamente) os fraudes que se poidan a estar a cometer.

Recordamos que SATSE negouse a firmar o novo pacto de contratacións ao non conseguir un compromiso da Administración de cinguirse a normativa de nomeamentos de persoal estatutario, e seguir cometendo abusos co nosos persoal contratado.

Manuel Fariñas Alvarez, delegado sindical SATSE Ourense