Será este domingo 7 de agosto, ás 18 horas, e está dirixido a nenos de 3 a 12 anos.

O vindeiro domingo 7 de agosto a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín organiza o espectáculo gastronómico musical con marionetas  “Cocer e Cantar”,  de Viravolta Títeres. A actividade levarase a cabo nas Piscinas Municipais do Concello de Verín, (Bibliopiscina), ás 18:00 horas, para nenos de 3 a 12 anos.

Viravolta Títeres, da man de Anxo García Fernández, tráenos este espectáculo dentro do programa Ler Conta Moito da Secretaría Xeral de Cultura, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración coa Biblioteca do Concello de Verín.

Cocer e cantar

Dous músicos metidos a cociñeiros … deciden facer unha sopa de cocido solidaria para repartir entre o público. Un pequeno erro de interpretación na receita provoca que o resultado sexa unha riquísima sopa de música, cantigas e contos.