O alcalde recibiu os nenos nun acto na Praza de San Martiño.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e a concelleira de Asuntos Sociais, Sofía Godoy, recibiron sos nenos saharauis, senegaleses e rusos, que están a gozar dunha estadía durante este verán na cidade acollidos por familias de Ourense. A Praza de San Martiño foi o escenario deste acto de benvida, no que participaron máis de 50 nenos e nenas, entre os que chegan a Ourense (14 en total) máis 7 nenos saharauis residentes na cidade, máis 15 nenos que participan no programa de actividades de verán do Centro Cívico da rúa Colón e un grupo de participantes do Campamento Urbano.

Durante a actividade, e trala benvida por parte do alcalde, e a lectura de mensaxes nos catro idiomas (español, ruso, senegalés e saharaiu), os nenos participaron en xogos tradicionais, unha comida saudable, un mural da amizade, unha viaxe no tren das Termas, acompañados polas súas familias, ate Salesianos para ir dese alí a comer todos xuntos convidados por un restaurante colaborador.

A actividade desta mañá pretende unir nenos e nenas de acollidas cos nenos que asisten ao centro cívico e no campamento de Amencer, coa finalidade de propiciar un clima de unión intercultural, onde os nenos de Ourense exerzan de anfitrións. Desde a Concellería de Asuntos Sociais se organizaron esta semana días temáticos no centro cívico Colón, para que os nenos coñezan e comprendan costumes saharauis, rusas e senegalesas, os seus xogos tradicionais. Por outra banda, participan tamén nenos do Campamento Urbano de Amencer, que hoxe celebran o Día das Culturas. Hoxe recibiron os nenos de acollida na Praza Maior e compartiron con eles as actividades e unha comida saudable no restaurante McDonald’s.

Programas de acollida do Concello de Ourense

Son tres os programas de acollida do Concello de Ourense: Vacacións en Paz, de nenos saharauis; Vacacións en familia, de nenos senegaleses; e acollida de nenos rusos, que desenvolve a Asociación Ledicia Cativa.