A súa 27ª edición terá lugar os días 6, 7, 8 e 9 de setembro.

O Festival de Teatro Galego, FETEGA, chega este ano a súa 27ª edición, sendo o festival máis antigo da comunidade e convertido nun referente da cultura e do teatro galego.

O festival celebrarase no Carballiño os vindeiros 6, 7, 8 e 9 de setembro, convertendo a vila na capital do teatro galego.

A programación do FETEGA 2016 representa unha aposta pola calidade dentro do panorama das artes escénicas galegas. Nesta edición, o festival conta con espectáculos das mellores compañías galegas así coma con actores de recoñecido prestixio na comunidade autónoma e a nivel nacional. As representacións levaránse a cabo no anfiteatro exterior da localidade e no Auditorio Municipal.

As obras que se farán no anfiteatro serán as 20 horas e son: “Encontros” de Pistacatro Productora de Soños que abrirá a xornada o martes día 6, “Ghiriso: The king of the circus» da compañía Desastronauts (mércores 7), “Trasno” de Pistacatro Productora de Soños (xoves 8) , e “UP2DOWN” da compañía Traspediante (o venres 9).

Por outro lado, no Auditorio Municipal as representacións serán as 22:30 horas e nesta ocasión o festival aposta por unhas obras de luxo. O martes 6 o FETEGA arrinca por todo o alto cunha obra con 7 nominacións aos premios María Casares, “Ensaio sobre a cegueira”, da compañía Sarabela Teatro. Continúa o mércores 7, alzando a voz contra a violencia de xénero, coa obra “Unhas poucas picadelas” da compañía Teatro de Ningures. O xoves 8 chega a recoñecida compañía Teatro do Morcego, que representará a obra “Nosa señora das nubes”. E por último, pecha o venres 9 “Monólogo do imbécil”, da compañía Eme2 seguida da gala de entrega de premios, que nesta ocasión, conta para presentala coa destacada e recoñecida actriz, Isabel Blanco.

Actividades paralelas

Para a presente edición programáronse, ademais das representacións teatrais, unha conferencia sobre “O papel da muller no teatro” (luns 5); e obradorios e teatro na rúa para toda a familia, en horario de mañá e tarde, de martes a venres.

Así mesmo, grandes e pequenos poderán gozar de “Autobús Clown”, un espectáculo creado en exclusiva para o festival.

Os premios

O FETEGA e referente e símbolo do teatro galego, e como non podía ser de outra maneira, para pechar o festival premiase os mellores espectáculos que forman parte da programación oficial. Os “Premios FETEGA” constituén a gala final e dan voz o traballo ben feito de tantos actores galegos, que co seu esforzo, traballo e adicación, convertense en voz da cultura galega. Como nas edicións anteriores entregaranse os galardóns ao mellor actor e actriz, ao mellor espectáculo, e o premio honra (en relación á traxectoria profesional).