O deportista ourensán logrou tres ouros en tai chi.

Gran actuación de Ezequiel Gago en Macao

Jose e Ezequiel Gago viaxaron o pasado mes de agosto a China en agosto para participar no Campionato Internacional de Macao de tai chi; ademais participaron en varios cursos de tecnificación.

Por parte de Ezequiel Gago a súa participación foi excelente. O ourensán competiu en dúas categorías de tai chi tradicional e nunha en tai chi moderno. Nas tres disciplinas acadou a medalla de ouro. Logrou a mellor nota do campionato na forma tradicional de puño ao acadar un 9.05.

Formación
Tralo campionato, Ezequiel e José continuaron a súa formación con cursos de tecnificación con algúns dos mellores mestres chineses, para trasladar aos seus alumnos os coñecementos adquiridos.

Mundial
A seguinte cita para Ezequiel Gago será o Mundial de Polonia que se celebrará no mes de outubro.