Tamén renova Tomás Fernández.

Mitrovic e Hittle, xa son do COB

O Club Ourense Baloncesto fichou a tres xogadores dunha sentada. Nemanja Mitrovic, Kyle Hittle e Tomás Fernández serán xogadores do equipo ourensán.

Mitrovic e Hittle firman por primeira vez co club cobista, mentres que Fernández renova do ano pasado. O pívot español pecha a rotación interior. A renovación chega por dous motivos: o pouco orzamento que lle queda ao COB para fichar, e a progresión da tempada pasada (pasou de apenas contar para Gonzalo García de Vitoria a, cada vez, dispor de máis minutos).

Nemanja Mitrovic é bosnio-canadiense e procede do Berck/Rang Du Fliers da NM1 francesa. O aleiro destaca pola súa capacidade de lanzamento exterior, especialmente de longa distancia.

Formado na Universidade de Portland (NCAA) xogou na Primeira división italiana (Sutor Montegranaro) ademais de dous cursos na Primeira griega (Enosi Kavalas e Panelefsiniakos).

Kyle Hittle chega desde a Universidad de Incarnate Word (NCAA), onde promediou máis de 16 puntos, seis rebotes e dúas asistencias o curso pasado.

Desenvólvese con soltura de aleiro, se ben pode facer ás veces de escolta ou de 4 aberto, o que lle dota dunha polivalencia que non pasou desapercibida para o seu novo adestrador; xa que pode ser moi útil para o novo COB.