Os traballos, que contan cun orzamento de máis de 300.000 euros, incluirán a creación do primeiro carril bici urbano de máis dun quilómetro da provincia.

Verín ultima o inicio da reforma da Estrada de Laza

O Concello de Verín procedeu a executar a derriba de dous inmobles situados no número 15 da Estrada de Laza. Esta actuación permitirá o inicio das obras de reforma deste importante viario que dá acceso ó Hospital de Verín, e é un dos máis transitados da Vila. Esta obra forma parte de la terceira Fase do Plan de Rehumanización elaborado polo Concello de Verín -que consiste no acondicionamento, reordenación de aparcamento e asfaltado da Estrada de Laza-  que se desenvovelverá en colaboración coa Xunta de Galicia e que terá importantes implicacións na mobilidade do tránsito peonil e rodado en Verín.

Esta actuación, suporá tamén a creación do primeiro carril bici urbano de máis dun quilómetro da provincia de Ourense, que permitirá reducir o tráfico automobilístico no tecido urbano, e ademais fomentar os hábitos saudables. Así mesmo, esta actuación, conta cun orzamento total de máis de 300.000 euros.

Devandito  proxecto contempla a supresión dos aparcamentos en batería, que foron sinalados nun informe como os principais desencadeantes da siniestralidade viaria nesta zoa, o saír á vía os turismos marcha atrás, invadindo a zona de tránsito sen a debida visibilidade. Tamén se creará un bulevar para o tránsito peonil e se ampliarán as beirarrúas, separadas dos carrís do tránsito rodado.