O Auriense FG regresa aos adestramentos no mes de setembro.

Volve o fútbol gaélico

Setembro é o mes no que regresa o fútbol gaélico a Ourense. Da man do Auriense FG que comezará cos adestramentos de cara a unha nova tempada.

O equipo feminino ten como obxectivo poder competir cos cinco primeiros equipos da competición, o que significaría un salto importante na progresión das ourensás. A liga feminina conta cunha soa división conformada por nove equipos trala incorporacióndo Heredeiras de Dhais de Lalín.

En canto ao cadro masculino, o principal obxectivo de inicio é competir polo ascenso á Primeira división, sendo un dos favoritos para este posto. Nove tamén son os equipos que participarán na Segunda división masculina; Universidade da Coruña, Terras do Eume e Condado, os debutantes.

En busca de talentos
O Auriense busca persoas interesadas en participar. Calquera persoa pode contactar co equipo a través do facbook do clube: facebook.com/auriensefg.