No partido do próximo domingo 11 de setembro no estadio do Couto -ás 18 h- entre a Unión Deportiva Ourense e o Allariz.

A UD Ourense recollerá material escolar

A favor de Cruz Vermella será está inciativa de recollida de material escolar que será que reparte todo o que se recolla.

Por iso, desde a directiva da UD e a propia ONG piden aos afeccionados que se acheguen a presenciar ese encontro que leven material escolar que se repartirán entre os nenos e nenas da cidade que menos teñen.
Bolígrafos, libretas, mochilas ou calquera cousa que un cativo necesita para o seu día a día na escola será ben recibido. Nas entradas ao estadio poñeranse voluntarios para recoller todo o material que se deixe para esta boa causa.

Instalacións
Desde o club avisan a todos os afeccionados que o luns 12 de setembro -Casa de Chocolate, 20:30 h- haberá unha asamblea informativa. O motivo será explicar por que desde a directiva do se senten discriminados sobre o reparto das instalacións deportivas por parte do Concello de Ourense para realizar os seus adestramentos.

Socios
O club xa superou a barreira dos 600 socios e esperan chegar a final de mes con máis de 1.000. O obxectivo para este ano son os 1.500 socios. O bo comezo de tempada fai que confíen en chegar a esa cifra.