O alcalde e as concelleiras de Tráfico e Sanidade, abordaron con este colectivos a situación da tarxeta de aparcamento.

O Concello reúnese coa asociación de enfermos de Crohn e colitis ulcerosa

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, acompañado das concelleiras de Tráfico, Flora Moure, e de Sanidade, Sofía Godoy, recibiu este martes a visita dunha delegación da Asociación de Enfermos de Crohn e Colitis Ulcerosa da cidade de Ourense, encabezada polo seu presidente, Fernando José Jiménez Zulliani e a traballadora social Rosario Álvarez. Na reunión abordaron diferentes asuntos relacionados cos afectados pola enfermidade na cidade e, especialmente, o permiso especial de aparcamento que lles permite, desde maio, aparcar libremente en zonas de carga e descarga da nosa cidade.

Cómpre salientar que a Asociación agradeceu especialmente o esforzo do grupo de goberno do Concello de Ourense, o primeiro en España en regular esta situación xa que os enfermos de Crohn e colite ulcerosa teñen que enfrontarse a diario contra barreiras sociais que lles complican a vida cotiá. Co gallo de minimizar estes obstáculos, o alcalde e as concelleiras escoitaron a voz dos afectados logo das críticas recibidas pola concesión da tarxeta especial de estacionamento.