O Sala Ourense vence na segunda xornada ao Ribeira por 9 a 6.

Debut na casa con goleada

Despois dunha primeira xornada, no grupo 8 da Terceira división, na que o Sala Ourense perdera contra o Superti A Pontenova por 6-2, os pupilos de Quique lograron os tres primeiros puntos da tempada.

Foi na segunda xornada de liga diante da súa afección e ante o Ribeira. O resultado foi de nove goles a dous nun partido moi intenso.

Partido intenso desde o pitido inicial con idas e voltas en ámbalas dúas portarías.

O Sala Ourense foi máis efectivo ca o seu rival nos 10 primeiros minutos -as mellores ocasións foron para os locais- logrando tres tantos obras de Guerra, Tizón e Araújo. Nos segundos 10 minutos deste primeiro período os ribeirenses lograron recurtar distancias, un gol dos locais (Guerra) e tres dos visitantes deixaron o resultado de 4-3 ao descanso.

Foi un intercambio de goles constante que a Sala Ourense iniciou cun parcial de 3:0 pero que lle daquela viu como a súa vantaxe íanse diluíndo até chegar ao descanso cun apertado 4:3.

A segunda parte comezou cun tempranero tanto de Tizón, dando a réplica Jairo un minuto despois (5-4). Guerra poñía terra de por medio deseguido (6-4).

O intercambio de goles continuaría e os visitantes recurtaría distancias por dúas veces máis con Guerra (no 7-5) e Tizón (8-6) mantendo a raia ao adversario. Co Ribeira volcado Rubén marcaría o definitivo 9-6.

Tres puntos, os primeiros da tempada para que o Sala Ourense ocupe a sétima posición, os mesmos que o seu próximo rival: o Carballiño. Para a vindeira fin de semana, Carballiño contra o Sala Ourense no Paco Chao.

Os de Arenteiro venceron na primeira xornada ao Casás e perderon na segunda contra o Pazos de Borbén.