As persoas interesadas poden inscribirse desde este luns.

Os centros cívicos do Concello de Ourense acollerán desde outubro actividades para o tempo de lecer dos escolares ourensán todas as tardes de luns a venres e os sábados pola mañá. Tamén darán clases de reforzo escolar, durante tres días á semana. A Concellería de Asuntos Sociais abriu o luns, 26 de setembro, prazo de inscrición nestas actividades. Están dirixidas a nenos e nenas de Infantil e Primaria. Este ano como novidade haberá tamén servizo de reforzo escolar para alumnos de Secundaria.

O obxectivo básico é que os nenos e nenas se divirtan, se relacionen e aprendan convivindo con outros rapaces e rapazas no marco do centro cívico. A Concellería de Asuntos Sociais tamén pretende que as actividades sexan unha forma de axudar ás familias a conciliar a vida laboral e familiar.

Hai que recoller as solicitudes nos centros cívicos ou na Oficina de Atención Cidadá e entregalas no Rexistro Xeral do Concello. É necesario estar empadroado no Concello de Ourense. As actividades de reforzo escolar teñen límite de prazas.

As actividades propostas para este curso 2016-17 no Centro Cívico da rúa Colón (Casco Vello) son actividades infantís semanais para nenos e nenas nacidos entre os anos 2008-13,  en horario de luns a venres de 17:30 a 20:00 horas; actividades os sábados para nenos e nenas de Infantil e Primaria, en horario de 10:30 a 13:00 horas; e reforzo escolar para nenos e nenas de 5º de Primaria a 2º de E.S.O.  tres días á semana, unha hora e media diarias.

No Centro Cívico A Cuña haberá actividades infantís semanais para nenos nenas nacidos entre os anos 2008-13 de luns a venres de 17:30 a 20:00 horas; actividades os sábados para nenos e nenas de Infantil e Primaria de 10:30 a 13:00 horas; e reforzo escolar para nenos e nenas de 5º de Primaria a 2º de E.S.O. tres días á semana, unha hora e media diarias.

No Centro Cívico A Ponte, a oferta inclúe actividades infantís semanais: para nenos e nenas nacidos entre os anos 2008-13 de luns a venres de 17:30 a 20:00 horas; actividades os sábados: para nenos e nenas de Infantil e Primaria de 10:30 a 13:00 horas; e reforzo escolar para nenos e nenas de 5º de Primaria a 2º de E.S.O. tres días á semana, unha hora e media diarias.

No Centro Cívico As Termas, propóñense actividades infantís semanais para nenos e nenas nacidos entre os anos 2008-13 de luns a venres de 17:30 a 20:00 horas; e actividades os sábados para nenos e nenas de Infantil e Primaria de 10:30 a 13:00 horas.

E finalmente no Centro Cívico de Seixalbo haberá actividades infantís semanais: para nenos e nenas nacidos entre os anos 2008-13 de luns a venres de 17:30 a 20:00 horas; e actividades os sábados para nenos e nenas de Infantil e Primaria de 10:30 a 13:00 horas.

As actividades dos sábados comezan o día 1 de outubro ás 10:30 horas, e as semanais o 3 de outubro de 2016 ás 17:30 horas.

O reforzo escolar ten límite de prazas polo que o ou a solicitante deberá agardar a que lle confirmen que está admitido na actividade e lle indiquen a hora e o día de comezo da mesma.