Tamén anunciou Jesús Vázquez a próxima execución dun proxecto para obras de mellora na sede da xefatura: arranxo de humidades, azulexos, capa asfáltica, pintura, etc.

O Goberno Municipal convocará antes de fin de ano 13 novas prazas para a Policía Local

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o concelleiro de Seguridade Cidadá, Carlos Campos, mantiveron este venres unha reunión de traballo na sede da xefatura coa intendente xefe da Policía Local, María Barrera, e os inspectores principais do corpo policial municipal para testar as necesidades deste servizo e expoñer as liñas que trazará o Goberno Municipal ao respecto.

Unha das principais demandas é a falta de persoal, tal e como se expuxo no encontro. A Policía Local de Ourense  ten a día de hoxe 115 efectivos (102 axentes e 13 mandos). O alcalde anunciou ao respecto que o Goberno Municipal, dando cumprimento ao compromiso de dotar con máis efectivos á Policía Local, convocará 13 novas prazas, correspondentes ás prazas libres das ofertas de emprego público non executadas de 2013 e 2014. Esta convocatoria estará resolta antes de que finalice o presente ano. A estas prazas se lle unirán, ademáis, outras de promoción interna (2 para inspectores e 4 para oficiais).

Ademáis, o Goberno Municipal está tamén traballando para cubrir as prazas vacantes que permite a lei con respecto ás ofertas públicas de emprego de 2015 e 2016 e que serán convocadas no vindeiro ano 2017.

Ademáis deste anuncio respecto a Personal, o alcalde tamén sinalou que está a piques de rematar a redacción dun proxecto para acometer obras de mellora na sede da xefatura, que constarán de arranxo de humidades, azulexos, capa asfáltica, aillamento, pintura, etc. Este proxecto responde ás demandas plantexadas desde a propia Policía Local.

Na reunión tamén se abordaron outras peticións do corpo policial como máis medios materiais e facilidades para a formación dos axentes.