En categoría júnior de ciclocross.

Feijoo, líder da Copa de España

O ciclista do Club Ciclista Maceda, Iván Feijoo, vén de situarse primeiro na clasificación provisional da Copa de España de ciclocross.

O alaricano accede ao primeiro posto logo de rematar segundo na proba disputada en Les Franqueses (Barcelona).

Iván sufría unha picada na segunda volta, o que lle afastaba da loita polo triunfo contra o catalán Cullel. A pesar do infortunio logrou chegar a liña de meta como segundo o que lle vale ese primeiro posto provisional.

Resto do equipo
En canto ao resto do equipo que se desprazou para a disputa desta carreira, Carlos Canal (en cadetes) era segundo nunha dura proba; esta segunda posición faille sumar un novo podio e manterse no segundo lugar da clasificación. Marco Nube remataba undécimo.
En cadetes mulleres, Aida González seguía a estela dos seus compeñeiros e subía ao podio no terceiro caixón; Aida fóra a primeira na pasada xornada celebrada en Karrantza. Ademais Noela Saa era quinta e Antía Martínez, sétima.