O Envialia plantou cara ao Futsi pero as madrileñas leváronse o encontro.

Cidade - Leganés. RAMSÉS.

Cidade - Leganés. RAMSÉS.

Cidade - Leganés. RAMSÉS.

Cidade - Leganés. RAMSÉS.

Cidade - Leganés. RAMSÉS.

Cidade - Leganés. RAMSÉS.

O Cidade das Burgas venceu ao Leganés por 3 a 1 o que lle vale para poñer máis terra de por medio coa zona de descenso.

As de Manolo Codeso suman 18 puntos e deixan o descenso a 13. Aínda que queda moita liga é impensable pensar que as ourensás cheguen ás últimas xornada da Primeira división de fútbol sala e se teñan que xogar a permanencia.

O partido contra o Leganés deu mostras de que están a loitar por algo máis ca salvación, sobre todo, nun ano no que a Copa de España volve ao formate de fai uns anos e serán oito os equipos que a disputen.

O partido foi de ida e volta con moitas ocasións. Candela faría o primeiro a pase de María Arias ao segundo pao. Antes do descanso Alicia devolvía o empate ao marcador.

Ao regreso de vestiarios tiveron que pasar catro minutos para ver un novo gol. Iria lograría, nunha gran xogada, o 2 a 1. A pesar de que as visitantes buscaron o empate foi Candela a que lograría o 3 a 1 definitivo nun rechace dun tiro de Sonia Pacios.

Envialia
O Ourense Envialia plantoulle cara ao Atlético Navalcarnero  Futsi pero ao final a vitorias foi para as madrileñas.

E mentres o Futsi continúe deste xeito vai ser complicado poderlle arrebatar o campionato, nin tan sequera loitalo. O Atlético Navalcarnero non cedeu nin un só punto no que vai de Liga e, salvo sorpresa, será o equipo que remate campión.

O Envialia de Chipi o tentou, pero non puido ser e caeu derrotado por 3 a 1. As alternativas sucedéronse nas dúas portarías sendo Ju Delgado a que abriría a lata de disparo lonxano. Así rematarían os primeiros 20 minutos.

Na reanudación, Andrea facía o empate nunha contra. Pero o Futsi e moito Futsi e Leti, case sen ángulo, lograba desfacer o empate (2-1). Chipi apostaría polo xogo de cinco, decisión que foi letal. Ari, de vaselina, lograba o 3 a 1 e tres puntos máis para un equipo, que a día de hoxe, está por enriba do resto.

Clasificación
O Ourense Envialia é quinto con 21 puntos e o Cidade das Burgas, sexto con 18. Esta fin de semana último partido antes do parón. O Envialia recibe ao Alcorcón e o Cidade visita ao Móstoles.