Eva Feijoo e Ecequiel Quiroga lograron a vitoria nos 200 metros obstáculos masculino e feminino, respectivamente.

Feijoo e Quiroga, primeiros na primeira xornada de salvamento acuático

A piscina pontevedresa de Campolongo foi o escenario da primeira xornada da Liga galega de salvamento e socorrismo deportivo en augas pechadas.

A representación ourensá do Salvour saldou a cita cun bo resultado a nivel individual dalgúns dos seus deportistas.

Na xornada matinal foi para as categorías dos menores (alevíns, infantís e cadetes). Nos 200 metros obstáculos feminino a mellor de Galicia foi Eva Feijoo Gómez; Aldara Estévez Crespo, quinta e Aldara Nerea Vesprini Pérez, posición 41.

Os catetes Roi Naranjo Estévez e Samuel Igrexas Méndez, en 200 obstáculos, alcanzaron as posicións 22 e 24 respectivamente. A infantil Zaira García Villalonga, en 100 metros obstáculos, clasificouse na posición 39; Hugo Estévez Crespo, no posto 11. Na proba de 100 metros rescate con aletas cadete Eva Feijoo foi terceira, Aldara Estévez, 20ª, Nerea Vesprini, 35ª, Samuel, 14º e Roi 20º.

Na sesión vespertina dsiputáronse a categoría de maiores (xuvenil, junior, senior e máster).
Ecequiel Quiroga Ramos logrou a primeira posición absoluta na proba dos 200 obstáculos. O seu irmán, Noel, foi terceiro entre os júnior. O mesmo posto, terceiro, acadou a tamén júnior, Andrea Bello Armada. Ademais Bello quedou segunda nos 100 metros combinada de salvamento. Silvia Quintela Álvarez clasificou sétima na proba de 100 metros rescate con aletas.

Próxima xornada
O próxima xornada da Liga disputarase o sábado 26 en Ourense. A piscina municipal Rosario Dueñas será o escenario desta cita que terá dobre sesión de mañá e de tarde. As probas que entrarán en concurso son as de 100 metros socorrista, 200 supersocorrista e 50 rescate.