Ourense Envialia e Cidade das Burgas chegan ao parón cos mesmos puntos: 21.

Envialia - Alcorcón. RAMSÉS.

Envialia - Alcorcón. RAMSÉS.

Envialia - Alcorcón. RAMSÉS.

Envialia - Alcorcón. RAMSÉS.

Envialia - Alcorcón. RAMSÉS.

Envialia - Alcorcón. RAMSÉS.

Envialia - Alcorcón. RAMSÉS.

Envialia - Alcorcón. RAMSÉS.

Envialia - Alcorcón. RAMSÉS.

Envialia - Alcorcón. RAMSÉS.

Ata o ano que vén non volveremos a ver fútbol sala de Primeira división en Ourense. Un calendario inapropiado, para un deporte que non se merece este trato, fai que ata o 7 de xaneiro de 2017 non regrese a competición.

Máis sangrante é, se cabe, que o Mundial oficioso de cada ano no se celebrará e no seu lugar disputarase un torneo europeo entre catro conxuntos. Un claro retroceso na promoción do deporte feminino.

Nesta última xornada sorte dispar para os representantes ourensáns. O Envialia caeu na casa diante do Alcorcón, mentres que o Cidade sacou un valioso triunfo na pista do Móstoles.

Envialia
Comezaba a décimo segunda xornada, para os equipos ourensáns, cun gol de Marta aos 20 segundos de encontro. Un partido entre Ourense Envialia e Alcorcón que foi moi disputado. Os dous equipos foron a polo encontro e nos primeiros minutos o control foi para as de Chipi. Iso fixo que nos primeiros segundos  se adiantaran co gol de Marta.

No ecuador do primeiro tempo, Estela lograba empatar de tiro raso. Con táboas finalizaría o primeiro acto, a pesar de contar con varias ocasións os dous conxuntos.

No segundo período as visitante estiveron máis intensas logrando ter o control. Así, no minuto 28 Desirée dáballe a volta ao marcador cun remate desde o corazón da área (1-2).

A partir dese momento as albinegras volveron a tomar as rendas do encontro con ocasións para nivelar a contenda. A falta de tres minutos Andrea faría de porteira xogadora para buscar con máis posesión o empate. Porén foi Vadillos para as alfareras a que pecharía o partido co terceiro tanto visitante; 1-3 final que fai que as ourensás cheguen ao parón na quinta posición con 21 puntos.

Vane e Ana
En canto as ourensás do Alcorcón, Vanessa Sotelo estivo moi activa, mentres que a Ana Rivera pesoulle o xogar contra o equipo de toda a súa vida. Rivera estivo máis desacertada e contou con poucos minutos.

A nota negativa foi a lesión de Vanessa Sotelo. Unha escordadura de nocello foi a valoración da lesión a pé de pista, polo que podería perderse o cuadrangular europeo coa selección española.

Cidade
O Cidade das Burgas vai de sorpresa en sorpresa, polo que xa non sorprende. Esta paradoxa vén dada por que as de Manolo Codeso suman 21 puntos e ocupan a sexta posición da clasificación. Minutos ás xogadoras máis novas e meterse entre os oitos primeiros (para entrar en Copa) deben ser, desde xa, os obxectivos do cadro franxiverde.

Contra o Móstoles demostraron que iso de loitar pola permanencia non vai con elas. Nunha cancha moi complicada souperon sacar os tres putos sufrindo.

Sonia poñía o 1-0 nada máis arrancar o encontro. O seu golpeo desde o segundo pao entraba na portaría rival. Unha indisposición do árbitro auxiliar faría que o encontro interrompírase por unha hora.

O encontro reanudaríase e Rocío facía o empate a un de potente disparo desde fóra da área. E antes do descanso dous goles máis. Iria lograría o 1 a 2 e Celia devolvía o empate co que se chegaría ao descanso.

Na reanudación os dous equipos buscarían o gol con tesón, pero o marcador non se movería ata os últimos cinco minutos. Foron neses últimos minutos cando subirían tres máis ao marcador.

Clara, que debuta este ano na Primeira división, firmaba o terceiro das ourensás de xogada persoal. Tres minutos despois Inma facía o empate a tres goles cando xogaban de cinco. Cando parecía que se ían repartir os puntos emerxeu a figura de Iria. A xornada, para os equipos ourensáns remataba co gol de Iria a falta de 10 segundos; lograba o cuarto tanto do Cidade e con el os tres puntos.

Este resultado fai que o Cidade das Burgas sexa sexto con 21 puntos, os mesmo que o Ourense Envialia. Agora toca esperar ata o 7 de xaneiro para volver a ver máis fútbol sala de Primeira división. Incrible o do calendario, que se o faga mirar quen así o decidiu.