Na Primeira división feminina.

O derbi ourensán, para o voleyourense

O derbi ourensán, de Primeira división, entre o Dompa Gestión e o Caldaria voleyourense saldouse coa vitoria contundente das segundas por tres sets a cero.

Un mal partido das do CV San Martiño (Dompa Gestión) levounas a caer de forma contundente. O Dompa tan só fixeron algo de dano no segundo set pero non foi suficiente ante un equipo que se mostrou superior.

Outros encontros
O equipo sénior da Primeira división  caeu derrotado por 3-0 ante o Xiria nun partido na que as ourensás nada puideron facer para levarse a vitoria. Pola súa banda, o equipo sénior da Segunda división feminina do CV San Matiño non puido facer nada ante o Calasancias da Coruña e perdeu por 3 sets a 0.

En canto a outros partidos do CV San Martiño, dicir que en infantís o Concepción Arenal xogou contra o IES Lagoas -3ª división infantil feminina-; a vitoria foi para o IES Lagoas por 3-0.

Na 3ª división cadete feminina o IES Lagoas venceu, por 3-0, ao Escola Pabellón; o infantil feminino do Guillelme Brown venceu ao Calasancias por 3-1; o xuvenil do Dompa Gestión e os xuvenís lograron a vitoria ante o Xiria por 3-1.