O titular da Xunta avanzou a segunda fase das obras co obxectivo de estender ao contorno da Capela dos Remedios o proxecto de posta en valor da ponte.

Inauguración da iluminación da ponte Romana./P.L.

Inauguración da iluminación da ponte Romana./P.L.

Inauguración da iluminación da ponte Romana./P.L.

Inauguración da iluminación da ponte Romana./P.L.

Inauguración da iluminación da ponte Romana./P.L.

Inauguración da iluminación da ponte Romana./P.L.

Inauguración da iluminación da ponte Romana./P.L.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, participou este mécores á tardiña, xunto co alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, os conselleiros de Cultura, Román Rodríguez, e Infraestruturas, Ethel Vázquez, a delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, e o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, na posta en funcionamento da nova iluminación da ponte Romana de Ourense.

Feijóo referiuse ás obras da ponte Romana de Ourense como un exemplo da aposta por preservar, recuperar e poñer en valor o patrimonio da Comunidade. “Hoxe damos por concluídos os traballos da primeira fase da intervención coa que a Xunta, a través do labor coordinado entre as consellerías de Infraestruturas e de Cultura, cumpre co seu deber”, dixo, incidindo en que as construcións históricas precisan dunha protección activa que evite que esmorezan e se deterioren co paso do tempo.

Durante unha visita á ponte, Feijóo lembrou que fai algo máis dun ano, Concello e Xunta plasmaron nun convenio de colaboración a vontade compartida de procurarlle a este monumento o tratamento que merece como ben de gran valor cultural, erixido, ademais, en emblema e reclamo turístico da cidade.

Sobre este punto precisou a posta en marcha dun conxunto de labores supervisadas polos técnicos de Patrimonio da Xunta de Galicia e que responderon ao triplo obxectivo de conservar, dignificar e potenciar a maxestuosidade da ponte Vella. “Para conservala traballamos, restaurando un dos tallamares da ponte, substituíndo o pavimento da ponte e con outras pequenas obras de restauración de pezas deterioradas. Para dignificala, retiramos elementos alleos ao monumento como unha vella tubaxe de abastecemento. E para potenciala, acometemos a actuación máis singular de todas as levadas a cabo sobre esta construción histórica: a nova iluminación”, abundou Feijóo.

Estamos a falar dunha iluminación deseñada por especialistas galegos na materia, á medida deste monumento. Froito dun detallado estudo sobre a mellor forma de permitir a contemplación íntegra da estrutura e do especial conxunto que forma co medio fluvial e urbano no que se enmarca”, dixo, subliñando que se trata dunha actuación que cumpre con rigor as premisas marcadas de máximo respecto ao ben patrimonial e ao seu contorno, de plena funcionalidade para o actual uso peonil e de mínimo consumo enerxético e contaminación lumínica.

O titular da Xunta avanzou, ademais, a segunda fase das obras co obxectivo de estender ao contorno da Capela dos Remedios o proxecto de posta en valor da ponte.