No número 151 do Barrios Deportivo as exhibicións de Nadal teñen un papel importante.

Barrios Deportivo 151

Megaxove e o Torneo de Nadal de ximnasia son as noticias máis destacadas da portada deste número, onde tamén facemos mención ao partido de oitavos de final da Copa Deputación de fútbol entre o Arenteiro e a Unión Deportiva Ourense.

A UD Ourense pasou a eliminatoria nun interesante partido en Espiñedo ante uns 1.500 afeccionados. O sorteo dos cuartos de final da Copa celebrarase este próximo luns na sede da Federación Galega de Fútbol en Ourense.

As Copas Deputacións tiveron protagonismos nestas datas; así, o Kung fu e o boxeo tiveron as súas xornadas da copa.

Recordamos o que deu de si a San Martiño cunha galería de imaxes nas páxinas centrais. E falamos sobre a primeira edición da San Silvestre Ourensá que se celebrará o 31 de decembro no parque Barbaña.

O Club Ourense Baloncesto recibe ao Cáceres na procura de seguir sumando vitorias que o mantengan preto dos postos nobles da clasificación. A Primeira división autonómico feminino deu comezo coa vitoria do Carmelitas fronte o Campus Ourense.

Na Primeira división de fútbol sala para a competición ata xaneiro cos dous equipos ourensáns empatados a puntos: 21. E o Sala Ourense mantén o liderato da Terceira división.

Taekwondo, tenis de mesa, jiu jitsu, rugbi e moito máis, no número 151 do Barrios Deportivo.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha