Ourense en Común solicitará unha xunta de portavoces urxente ante as declaracións do ministro de Fomento

A variante exterior, “innegociable” para o Goberno local

Íñigo de la Serna cuestionaba este luns a necesidade de construír a variante exterior de Ourense da liña de alta velocidade, argumentando que se trataba dun  investimento de 600 millóns de euros que só aforraría catro minutos de tempo de viaxe.

Ante estas declaracións realizadas no programa Los Desayunos de TVE, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, saiu rapidamente a contestar. Así,  o político popular recordou que hai un acordo plenario de todos os grupos políticos no que se defende que a cidade “no puede quedarse sin la variante exterior para la entrada de la Alta Velocidad”. Cita tamén o protocolo asinado por anteriores ministros de Fomento de gobernos con distintos signos políticos –socialistas e populares – no que se coincidía a necesidade da variante exterior  “para dignificar la entrada de la Alta Velocidad no sólo en la ciudad, sino en toda Galicia”.

Dejar a Ourense sin la variante exterior podría suponer para la ciudad que se quedase con un ‘trazado de la vergüenza’ -al estilo, posiblemente, de la entrada de la autovía en Vigo, por ejemplo- del que no vamos a ser cómplices, y es algo que no nos merecemos bajo ningún concepto. La variante exterior en Ourense no va a ser negociable, y cuando menos, no contará con el apoyo del actual equipo de gobierno”, afirmou o rexedor ourensán.

Vázquez criticou tamén as “formas” do anuncio realizado polo ministro de Fomento, unha declaración de intencións que considera “precipitada” por canto de la Serna “ todavía no ha hablado con los representantes de la ciudad sobre este asunto” e tampouco respostou á súa solicitude de entrevista.

Solicitude de xunta de voceiros

Tamén houbo declaración desde algún dos grupos da oposición. Así, Ourense en Común solicitará unha xunta de portavoces urxente para que o alcalde explique e analice cos grupos da corporación as  que considera “alarmantes declaración” do ministro de Fomento.    “É tremendo que a análise da infraestrutura de maior peso no próximo século para o desenvolvemento desta cidade, sexa planteaxada polo ministro como unha cuestión de 4 minutos nunha viaxe a Madrid. Estas declaracións evidencian o interese real do Partido Popular, que é únicamente que a Alta Velocidade pase por Ourense, independentemente das condicións e do seu impacto no Concello, cuestión que lles importan ben pouco”, apuntaba Martiño X. Vázquez, voceiro de OUeC.

O grupo quere un posicionamento  “unánime e firme” dos catro grupos “reivindicando ao Goberno central ‘unha integración digna da Alta Velocidade no noso Concello, que respecte os valores ambientais e patrimoniais e reduza ao mínimo o impacto social na cidade’.