Alicante acollue o Campionato de España de taekwondo por clubs.

Campionato de España de taekwondo por clubs

Seis deportistas do Centro Deportivo O Couto acudiron á cita nacional.

María Ferreiro logrou a medalla de bronce tras pasar dúas rondas e caer en semifinais por un axustado 7 a 5.

Pola súa banda, Ainoha García deu a badalada e colgouse a medalla de ouro neste campionato. Venceu seis combates nun peso onde estaba presente a actual subcampiona do Mundo, a catalana Raquel Tirado.

Na modalidade de técnica, Brais Sánchez, de 10 anos, conquistou o bronce en benxamín. Mentres, en freestyle (categoría sénior), Andrés Freijeiro proclamouse subcampión de España.

María González rematou a súa participación caendo en semifinais ante a que sería finalmente a vencedora. Finalmente foi medalla de bronce.

A sénior Sandra Senra, tras unha prolongada inactividade, perdeu na loita polas medallas coa actual campioa de España, a madrileña Natalia Guillén, quedando eliminada en cuartos de final.

O Balance do club Couto neste torneo foi dun ouro, unha prata e tres bronces.