O Club ADAS do Barco logra a vitoria por equipos en categoría masculina e feminina.

Carreira do Nadal de San Cibrao. /S. TORRES.

San Cibrao acolleu o domingo 11 de decembro a XV carreira pedestre do Nadal, ademais da terceira edición do Campionato provincial de 10 quilómetros en ruta.

513 atletas remataron a carreira absoluta, sendo 78 os finalistas na proba escolar. En total, 592 corredores que desafiaron á néboa ao situarse na liña de saída desta edición. Mostra de que, a de San Cibrao, é unha cita asentado no calendario de citas atléticas da provincia.

Absoluta
Na categoría absoluta, sobre unha distancia de 10.000 metros poñíase en xogo o cetro provincial da distancia.

Na categoría masculina, Alejandro Fernández (ADAS) non tivo rival e logrou a vitoria ao marcar un tempo de 31 minutos e 11 segundos. Segundo no podio foi Rubén Diz (31:49), da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, e terceiro o atleta do ADAS, Alejo Ares (31:50). Ademais, eles tres foron os vencedores da proba popular.

En categoría femininia, Sonia Teijeiro (Burgas Atletismo) alzouse co título provincial cun tempo de 38 minutos e 22 segundos. A poucos segundos entraría Iria Fernández (ADAS), o seu tempo 38:34. Terceira remataría Ana María Ocampo (Burgas Atletismo) con 39:36.

No que se refire á proba popular, a primeira foi Joana Pereira (ADAS). A atleta portuguesa, a pesar de ser a primeira muller en meta non contabilizou para o campionato provincial; o seu tempo (37:29). Sandra Mosquera (ADAS) foi segunda na popular (tampouco contabilizaba para provincial) con 37:45. A terceira foi a primeira ourensá, Sonia Teijeiro.

Equipos
Por equipos o ADAS do Barco foi o gran dominado do día. O club valdeorrés fixo pleno logrando a vitoria por equipos tanto en homes como en mulleres.