Unha expedición do Cabildo de Canarias pasouse por Xantar para recoller información.

Xantar, para aprender

Xantar é algo máis que un Salón gastronómico. Xantar reúne a xente de toda España e de fóra das nosas fronteiras. Uns veñen a promocionarse, como todo os stands e restaurantes que están o recinto; outros o que fan e vir para aprender.

Xa o indicara a conselleira do Mar Rosa Quintana, na súa visita a Xantar: «citas como Xantar constitúen uno polo de atracción de empresarios, consumidores e turistas, que permiten a xeración de riqueza social, laboral e económica dos lugares nos que se desenvolven».

Eso é o que ocorre cunha expedición do Cabildo de Gran Canaria, que chegou a Ourense para aprender. Con escala en Bilbao, o que pretenden e recoller información doutros recintos feriais para trasladalos coñecementos ás illas, onde farán un novo recinto para eventos como os que se dan cita en Expourense.

O director xeral da Institución Ferial de Canarias (IFECAR), así o explicou: «vimos para coller coñecementos e trasladalos a Gran Canarias», e continuaba, «ademais de ver como está contruído Expourense, queremos saber a xestión de Alejandro Rubín, que nos parece excepcional»; e é que como Mora indicaba «Rubín ten moi bos contactos e as ferias en Expourense son un éxito, a de Xantar é fantástica».

Relacións Gran Canarias – Expourense
Por todo isto, o director xeral de INFECAR comentaba que teñen «unha moi boa relación con Expourense e Rubín» e que aínda a queren facer «moito máis estreita», finalizaba Manuel Mora.