Sete puntos estratéxicos basearase a nova rede termal do Eixo Atlántico.

A Eurocidade Chaves-Verín, sede da Rede Termal do Eixo Atlántico

Alcaldes de CM, concelleiros e representantes das cidades e vilas termais de Galicia e do Norte de Portugal reuníronse na sede da Eurocidade Chaves-Verín, AECT para cerrar a proposta de convenio que permitirá a constitución formal da rede termal na Eurorrexión.

Na mesma, decidiuse que a sede da Rede sexa na Eurocidade Chaves-Verín e foi nomeado por unanimidade Antonio Cabeleira, presidente da AECT Eurocidade, como presidente da rede termal do Eixo Atlántico.

O acordo foi comunicado aos medios polo secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Mao, ao remate da reunión desenvolvida o pasado mércores na sede da Eurocidade Chaves-Verín. A reunión foi presidida polo presidente da entidade Antonio Cabeleira. O documento tamén inclúe as actividades e os medios de financiamento que permitirán por en marcha un programa de actuacións que comezará a ser executado no presente ano. O mesmo será ratificado na próxima reunión da asemblea xeral da rede en Guimaraes no 22 de marzo coincidindo co día internacional da auga.

O presidente da Eurocidade Chaves-Verín, Antonio Cabeleira, como presidente da rede termal do Eixo, agradeceu o nomeamento e a asistencia a esta reunión,a mesma contou coa presenza dos membros fundadores (representantes dos concellos con termas ou balnearios de Galicia-Norte de Portugal),  do secretario xeral do Eixo Atlántico e técnicos deste organismo. Asemade, acudiron alcaldes de vilas que non están integradas no Eixo Atlántico pero que contan con balnearios dunha gran sona, como é o caso do alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey.

O presidente da Eurocidade Chaves-Verín referiuse tamén ao enorme potencial termal que representa a Eurorrexión Galicia -Norte de Portugal en canto á cantidade, calidade e diversidade das augas termais con que conta esta área xeográfica.

Os sete puntos estratéxicos nos que se vai basear esta nova rede termal do Eixo Atlántico son: a promoción dos hábitos biosaudables, creación dun Clube de Produto Termal, investigación en colaboración coas universidades, promoción conxunta dos destinos termais, captación de recursos de financiamento con programas e plans europeos, formación e visibilidade dos recursos propios , tanto termais como históricos e patrimoniais.