Este sábado a partir das 20 horas, no Auditorio, actuación da cantante coa súa xira "Soy humana".

Ourense prepárase para recibir a Chenoa

Chenoa aterriza en Ourense este sábado 18 de febreiro. A partir das 20 horas chegará ao Auditorio co seu espectáculo «Soy humana».

Será a segunda vez que actue en Ourense; a primeira foi en pleno apoxeo do «boom» de Operación Triunfo. Nesta ocasión chega con ganas de conecer ao público ourensán. A Chenoa gústalle interactuar cos fans durante as actuacións, polo que os presentes sentiranse como que están actuando en primeira persoa do espectáculo.

Durante a presentación do concerto interviron o técnico de Cultura, Manuel Freire; José Freiría de Escena Sonora (empresa encargada de traer a Chenoa a Ourense); e a concelleira de Cultura do Concello de Ourense, Belén Iglesias.

A concelleira destacou que a artista chega «nun bo momento da súa carreira» presentando «Soy humana» no que «interactuará co público». Manuel Freire, pola súa banda, aseguraba que traer este tipo de concertos significa que Ourense -e máis concrecatemento o Auditorio «ten unha boa axenda cultural».

Entradas
José Freiría indicaba que aínda que a marcha de venda de entradas ía moi ben, aínda quedaban algunhas á vende. «Xa levamos vendidas máis de 600 polo que aínda se poden mercar». O aforo é de pouco máis de 900 praza .

«Se poden mercar a través da web  www.ticketea.com, ou ben dúas horas antes do concerto estarán abertas a taquilla para os máis rezagados», señalaba Freiría.

Por internet os prezos das entradas oscilan entre os 18 e os 20 euros. En taquilla increméntase catro euros o prezo de cada entrada.