Terá lugar o vindeiro domingo 9 de abril.

O Concello de Verín organiza a VII Carreira-Andaina de Monte ‘Pozo do Demo

VII Andaina ‘Pozo do Demo’
O percorrido desta andaina é de 19 quilómetros, dificultade media, e a saída, ás 10.00 horas, terá lugar desde o Pavillón de Deportes de Verín, ao igual que a chegada (a entrega de premios e sorteos de agasallos será ás 13.15 horas).

A andaina partirá do Pavillón de Deportes para dirixirse cara o pobo de Cabreiroá e Monte Maior. Tras ascender, rodease pola parte traseira ata chegar ao pobo de Veiga das Meás (avituallamento), para emprender toda a baixada pola zona coñecida como A Fraga, facendo unha ruta paralela ao río Quintas polo descenso do Pozo do Demo. Ao alcanzar o val de novo, retórnase cara o lugar de saída, pasando pola fonte de Cabreiroá (podendo facerse unha parada para beber) e atravesando os frondosos piñeiros que escoltan as pistas de terra. O percorrido estará marcado por cinta  branca-vermella e pintadas de cor amarelo.

As inscricións, cun precio de 5 euros, poderán formalizarse ata o 5 de abril, no Pavillón de Deportes, así como no correo electrónico buzon@multisport.es Os datos que se deben facilitar: proba, nome completo, sexo, DNI, data de nacemento, categoría (só para as carreiras), enderezo completo e código postal, teléfono de contacto, club (nome) ou independente.

As recollidas de dorsais, tanto para a andaina como para as carreiras,  pódense realizar o venres 7 e sábado 8 de marzo, durante mañá e tarde no establecemento Multisport (rúa Irmáns Moreno), e o domingo 9 de abril, desde as 8 da maña ata media hora antes de cada proba, no Pavillón Municipal de Deportes de Verín.

Entre os servizos que atoparán os participantes IV Carreira-Andaina de Monte ‘Pozo do Demo’ atópanse: vestiarios e duchas no Pavillón Municipal de Deportes e Piscina Climatizada, masaxe deportivo gratuíto (en caso de necesitarse por algún contratempo), gardería infantil gratuíta (para fillos/as dos participantes) e avituallamento líquido en carreira e meta.

VII Carreira de Monte ‘Pozo do Demo’
Carreira longa
A saída desta proba, de 27 quilómetros e dificultade media, terá lugar ás 9:00 horas desde o Balneario de Cabreiroá e a chegada será no Pavillón Municipal de Deportes de Verín.

A Carreira longa discurre na sua maior parte polo concello de Verín pola zona coñecida como Pozo do Demo e no entorno do Monte Maior con unha altitude de 773m. Na sua primeira parte discurre por sendeiros estreitos rodeado de vexetación sendo esta a parte mais técnica (sobre todo si chove) onde temos que ter coidado de gardar forzas pensando no final, que a pesar de ser xa un terreno mais amable técnicamente inda nos queda una última subida en constante pendiente que fará disfrutar os mais duros. A continuación o xa coñecido descenso polo pinar do Caldeirón, que nos deixa na zona baixa e dende ahí xa so nos queda chegar a zona do pabellón onde o Concello de Verín pon a disposición dos
participantes as intalacions deportivas do Pabellón municipal de deportes.

Carreira curta
A saída desta proba, de 10 quilómetros e dificultade baixa, terá lugar ás 9:30 horas desde o Balneario de Cabreiroá e a chegada será no Pavillón Municipal de Deportes de Verín.

Discorrerá polo percorrido dos últimos anos, saindo igualmente do balneario de Cabreiroá e chegando a xa coñecida por moitos subida do regato das Canteiras e un descenso polo mesmo pinar ca Carreira longa e compartindo recorrido ata a liña de meta.

As inscricións, para as carreiras de monte (longa e curtra), cun precio de 10 euros, poderán formalizarse ata o 5 de abril, na web www.championchipnorte.com.