Este sábado, 13 de maio, desde as 18:30 e ata as 22:30 na pista de atletismo do Campus de Ourense.

Volve o Ourense Termal Athletics Meeting

Este sábado, 13 de maio, celebrase na pista de atletismo do Campus de Ourense unha nova edición do Ourense Termal Athletics Meeting. A partir das 18:30 h e ata a noite -sobre as 22:30 horas rematará o evento-, unha xornada de atletismo onde estarán os mellores atletas galegos e algún outro de fóra da nosa comunidade, e incluso de fóra de España.
Haberá premios en metálico para as oito mellores marcas masculinas e oito mellores marcas femininas do meeting, segundo táboa IAAF en vigor, acadando un mínimo de 800 puntos. En total repartiranse 3.400 euros en premios (1.700 para a categoría masculina e a mesma cantidade para a feminina).

A terceira edición do “Ourense Termal Athletics Meeting” reunirá a 329 deportistas este sábado, 13 de maio, na pista de atletismo do Campus Universitario do Ourense, evento deportivo que forma parte do calendario de competición nacional da Real Federación Española de Atletismo.

Ourense Termal Athletics Meeting ocupa o posto número 12 no ranking nacional dos encontros de atletismo ao aire libre: Ademais contará coa participación de atletas procedentes de Asturias, Castela León, Madrid, Valencia, Canarias e de outros países como Portugal, Reino Unido, Ecuador e Venezuela e, ademais, nas dúas edicións anteriores chegaron a participar máis de 300 atletas de categorías de menores. Con este encontro comeza en Ourense o circuíto nacional de encontros ao aire libre.