O número 160 do Barrios Deportivo chega da man do 50º Rali de Ourense. Na portada a toda páxina aparece un salto de Miguel Fuster nun tramo do rali disputado hai cinco anos. A outra nova da portada é para a UD Ourense; o club renovou ao dianteiro Hugo e incorporou ao mediocentro Bruno.

Barrios Deportivo 160

En canto ao COB, días importantes para a entidade que ten que facer o segundo pago á FEB para que non executen o aval e así poder pensar na vindeira campaña.

En fútbol celébrase este domingo un torneo de fútbol cadete no estadio Miguel Ángel dos Remedios. O Porto foi o vencedor da Ourense Termal Cup. Ademais, o Ourense C.F. será o ano que vén equipo de Terceira. Este sábado a final da Copa Deputación mide ao Ourense CF contra Bande.

Continúan os éxitos do Club Ciclista Maceda tanto a nivel autonómico como nacional. Boborás organiza un BTT solidario para o 18 de xuño.

En deportes acuáticos, bos resultados para o Salvour en salvamento acuático e para o Club Natación Pabellón Ourense en categoría máster; as irmáns García Colomo (Maite e Cristina) baten récords cada vez que se meten nunha piscina. Ademais, o Trofeo Pedro Escudero de natación recibe o mérito deportivo da Xunta de Galicia. No galego de base a Sincro Ourense logra cinco ouros.

En atletismo, a AECC recibe unha cama articulada grazas ás doazón dos atletas participantes na I Milla urbana de Ourense. Rubén Diz non tivo rivais na carreira do Couto do Circuíto de carreiras populares «Correndo por Ourense».

O Artai segue sobresaíndo en todas as competicións de kung fu moderno á que acuden os seus deportistas.  En ximnasia, a actividade non cesa estes días con varios frontes abertos para os ximnastas do Club Ximnasia Pavillón e o Burgas.

Balonmán, xadrez, fútbol sala, hoquei, rugbi, e moito máis no número 160 do Barrios Deportivo.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha