No número de xuño do Ourense por Barrios a portada está dividida entre a intermodal e as Festas de Ourense, ademais do Ourense Envialia, que ofreceu a Copa de España a súa afección.

Publicado o número de xuño do Ourense por Barrios

A intermodal foi exposta ao público este mes na que se explicou o proxecto da Alta Velocidade. Durante 10 días, Ourense acollerá as festas patronais (especial nas páxinas 12 a 14). O Ourense Envialia saiu ao balcón do Concello de Ourense para compartir cos seareiros o título copeiro logrado en Poio.

Un dos temas do mes é o xuízo contra Aniceto Rodríguez que queda pendente de sentenza. A Fiscalía denuncia a muller que denunciou a Manuel Baltar (presidente da Deputación de Ourense).

O barrio da Follateira reuniuse co alcalde para reclamar melloras na avenida Otero Pedrayo. En Covadonga remataron as obras na súa praza con dúas zonas de xogo e elementos biosaudables. A corporación municipal plantexa rebaixar o IBI un 7% a partir do 2018. A Xunta de Galicia repará máis de 10 quilómetros de beirarrúas na cidade. Xa foron adxudicados, por sorteo, 35 hortos municipais en Montealegre e Mariñamansa.
Limiar e Expourense veñen de firmar un convenio de colaboración polo cal a Federación estará en todas as actividades de Expourense.

A ampliación do CHUO estará aberta no mes de setembro, e no centro de saúdo do Couto comezaron as obras de urbanización. A Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (UMAC) trasladarase ao Pazo de Xustiza.

En Barbadás presentouse as actividades lúdico – culturais que se prolongarán ata setembro; serán todos os xoves no parque da Solaina e no dos Patos.
O alcalde de Barbadás reuniuse coa delegada da Xunta en Ourense para trasladarlle as necesidades do Concello, sendo primordial o elevador ata o centro de saúde.

A policía Nacional realizou unha exhibición ante centos de estudantes ourensáns. Sustinea declarou a guerra ás cabichas, e cada semana acuden a un barrio a recollelas. Polo Ourenrock pasaron 4.000 persoas en dous días de música entre os que destacaron Boikot e La Raíz.

Deportes, imaxes, do mes, colaboradores, e moito máis no número de xuño do Ourense por Barrios.

Todos estes temas e máis, podes lelos no seguinte enlace.