A Asociación xuvenil Amencer organiza o 30º Campamento Urbano.

11 días de campamento urbano

O martes 1 de agosto ás 10:30 horas iniciase a 30ª edición do Campamento Urbano organizado pola Asociación Xuvenil AMENCER coa colaboración da concellería de Xuventude do Concello de Ourense e doutras entidades/empresas da cidade.

Sobre as 13:10 h será a inauguración oficial coa solta de globos desde a ponte vella, ponte do milenio, ponte do Ribeiriño e pasarela da cidade. E desde o 1 ao 11 de agosto serán nove días de actividades para todo rapaz e rapaza que queira pasar uns días agradables en Ourense.

Son 9 días de actividades pola mañá, pola tarde e pola noite (para os maiores de 15 anos). 5 días son enteiros con horario dende as 10’30 ata as 19:30 horas e outros 4 días son partidos con horario de 10’30 a 13’30 e de 16’30 a 19’30 h.

Os días e os seus títulos son os seguintes:
Martes 1: Día da Benvida / Tardes do Urbano.
Mércores 2: Día da Cultura / Tardes do Urbano.
Xoves 3: Día da Xuntanza (día enteiro).
Venres 4: Día da Natureza-Andaina (día enteiro) / Noite de pequenos.
Luns 7: Día do Parlamento / Tardes do Urbano.
Martes 8: Día da Praia (día enteiro).
Mércores 9: Día dos parques / Tardes do Urbano.
Xoves 10: Día da Auga-Piscinas de Monterrei (día enteiro).
Venres 11: Día da Despedida (día enteiro).
Nas Tardes do Urbano ofertarase máis de vinte actividades na base do Campamento urbano, no colexio salesiano: Sala de xogos – ludoteca – videoteca – biblioteca e tebeoteca – animación á lectura – saídas pola cidade – piscina – tardes deportivas – exhibicións deportivas – karaoke – sala de estar xuvenil – obradoiros – animación de patio – sala de baile – grandes xogos – dardos – play station – wii – futbolin – pimpón – ciencia divertida – teatro e moito máis…

Os datos máis significativos desta 30ª edición son os seguintes:
Datas: do 1 ao 11 de Agosto.
Horario Infantil: de 10.30 a 13.30 horas e de 16.30 a 19.30 horas.
Día enteiro de 10:30 a 19:30 horas.
Horario Xuvenil: de 22’30 a 00’00 horas.
Idades: de 8 a 16 anos (Infantil); de 15 en adiante (Xuvenil).
Inscrición: gratuíta.