Xa está na rúa o último número de Ourense por Barrios deste ano.

Ourense por Barrios decembro

A portada chega chea de colorido co Nada, que xa ilumina todas as rúas dos concellos ourensáns. O outro destacado da portada e a inauguración oficial da pista cuberta de atletismo de Ourense que está instalada en Expourense.

Un especial Nadal percorre toda a provincia coa programación dos Concellos, e na que os máis cativos son os protagonistas. A Feira do Vinteún suspéndese ata que se modifique a ordenanza municipal, polo que queda en suspenso.

Desde as asociacións de veciños manifestanse denunciando o «afogo» do Concello. Nestas datas a solidariedade desborda e Amencer xa fai reconto do recada na Operación Quilo para que Cáritas Ourense o reparta aos máis necesitados. Acauto dona máis de 5.000 euros a Cáritas e Moteros Solidarios fará reparto de xoguetes nas casas de acollida ourensás. Ourense lanza o terceiro plan para a equidade de xénero.

As AAVV celebran o nadal con música e obradoiros. Un foro debateu en Ourense sobre a problemática do botellón. As Burgas de Abaixo xa locen trala limpeza e rehabilitación que sofriu. A Xunta adquirirá novos edificios no casco vello. Xa se traballa para que a cidade conte cun novo hotel con 25 habitacións.

A terceira Lanzadeira de emprego xa está en marcha. OUeC alerta da alta concentración de radón no soto do Concello, mentres que DO denuncia a “inepcia e favoritismo” do PP. Pola súa banda o PSOE anda inmerso na elección do seu secretario en Ourense: estará entre Villarino e Blanco.

No pleno de Barbadás aprobáronse os orzamentos de 2018, que suben un 7%. Desde o BNG piden que o centro de saúde sexa ademais PAC (Punto de Atención Continuada).

A provincia, deportes, colaboradores e máis no Ourense por Barrios de decembro 2017.

Todos estes temas e máis, podes lelos no seguinte enlace.