Xa está na rúa o novo número do xornal Barrios.

Novo número do Barrios

Na portada destacamos as manifestacións que tiveron lugar en Ourense nestas datas: a do pensionistas, a de forzos e corpos de seguridade do estado e, unha das máis numerosas da historia de Ourense, a do Día da Muller. Falamos tamén da presentación de converter ao barrio da Ponte en ecobarrio. O COB recibe a Castelló despois de perder diante de Melilla.

A oposición do Concello de Ourense rexeita o borrador dos orzamentos e o PXOM presentados polo grupo de goberno municipal.

Sobre as asociacións de veciños, As Termas celebraron o Día da Muller con diversas actividades, o Peliquín festexou o Lázaro e a de Seixalbo ten novo presidente; Xosé Carballido Presas foi o elexido.

A Confederación Hidrográfica Miño Sil celebrou o Día Mundial da Auga. O Centro Médico El Carmen presentou a unidade de enfermidades ultra raras, primeira en Galicia. Ourense contará cun ‘skatepark’ de máis de 800 metros cadrados. A Xunta de Galicia subvencionou ascensores que beneficiaron a preto de 170 familias ourensás.

O secretario xeral do PSdeG PSOE, Gonzalo Caballero, visitou Ourense. Democracia Ourensana pedirá ao concello que rescar a concesión do servizo público de limpeza. OUeC ten cabeza de lista para as municipais 19; o candidato a alcalde será Martiño Xosé Vázquez.

Barbadás súmase a factura sen papel da auga. Este concello organizou a pranta de árbores con alumnos do Filomena Dato no parque dos Patos e parque do Tren.  Xunta conta con 40 millóns para axudar ás PEMES. O goberno galego construirá vivendas públicas en Cenlle.

En deportes, concretamente en voleibol, o Hemisferios Ribeira Sacra ten a tiro a cuarta praza. O Campus Ourense Rugby xogará esta fin de semana a última xornada na División de Honra B. Tres puntos máis e un partido menos para a UD Ourense que volve a enganchar á loita polo ascenso a Terceira división de fútbol. O Envialia e Cidade afrontan a recta final da Primeira división de fútbol sala con distintos obxectivos. Mentres, o Sala Ourense ten ante Campito unha nova oportunidade para seguir intacto o obxectivo do ascenso.

Todo isto e máis no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha