Celébrase o día 6 de maio.

O Castro Trail de Sobrado aumenta o número de sendeiros a percorrer

Máis de 200 persoas participarán nesta cita co deporte de natureza en Barbadás o vindeiro 6 de maio. A inscrición amplíase ata o día 3 de maio. O prezo do trail longo é de 14 euros, o trail curto de 12 euros e a andaina terá una aportación por participante de 6 euros. As inscricións poden realizarse en www.championchipnorte.com ou en Run Maniak (tenda de atletismo e “trail running” ubicada en Ourense).

As modalidades para participar serán trail longo (24 quilómetros), trail curto (15 quilómetros) no apartado competitivo. Haberá tamén unha andaina que se desenrolará ao longo dun percorrido de 15 quilómetros.

No que se refire ás categorías dos participanes no trail longo, establécense a absoluta, sénior e veteranos, tanto no apartado masculino como feminino. O trail curto establece a categoría absoluta masculino e feminino e haberá trofeos para os 3 primeiros clasificados.

O punto de partida será a Praza de San Xoán, en Sobrado, o domingo día 6 ás 9 horas. Unha vez rematadas as tres probas os participantes e as persoas que acudan a Sobrado poderán disfrutar dun final de festa coa actuación “La Banda de Mazinger” de Vigo.