Sortearanse premios durante a campaña de verán.

A praza de Abastos do Carballiño fidelizan aos seus usuarios

A praza de abastos comezou a campaña de verán que rematará o 9 de agosto co sorteo dun televisior, un equipo de música, unha tablet, un teléfono móvil, un microondas, unha licuadora, unha aspiradora e unha caixa de viño Pazo Tizón.
Tamén está prevista a actuación o día 11 de agosto, víspera da Festa do Pulpo, do grupo de música tradicional galega Fetiche de Pau.

A campaña, que se desenvolverá co lema de “Enchúfate coa praza de Abastos”, foi presentada polo presidente da asociación de praceiros, Eligio González, e o concelleiro de Promoción Económica, Adolfo Nogueira.
Adolfo Nogueira destacou unha vez máis o traballo que leva a cabo a asociación de praceiros para promocionar a praza de abastos, así como todo o que se leva feito a prol da mellora das instalación nestes últimos anos, e asegurou que este tipo de ampañas estaban funcionando moi ben, ampliando a clientela e as compras no mercado municipal.

Por outra banda, incidiu na próxima conclusión do procedemento administrativo para a adxudicación dos postos vacantes da praza, e para o cal manterá unha xuntanza nos próximos días cos praceiros.
Eligio González tamén se referiu a esta cuestión dicindo que en canto se completen os postos baleiros, a praza de abastos do Carballiño sería unha das mellores de Galicia, e que de feito xa estaba recuperando unha boa parte do explendor que tivo antaño.

Reiterou o agradecemento ao concello e ao concelleiro polo interese amosado para mellorar e promocionar a praza de Abastos, e cualificou a campaña de verán como unha das máis extraordinarias de cantas se levan feito.
Desde xa, a clientela poderá depositar unha urna as papeletas cubertas que lle serán entregadas en cada un dos postos da praza pola realización das compras durante esta tempada de verán ata o 9 de agosto.