Xa está na rúa o último número do periódico Barrios.

Barrios 60

Na portada facémonos eco da vitoria de Miguel Fuster no 51º Rali de Ourense; o de Benidorm logrou, con está a súa sétima vitoria no certame ourensá. Ademais, xa están máis preto as obras de ampliación do paso inferior da rúa Ramón Puga. E o domingo, 17 de xuño, o hipódromo de Antela celebra unha nova xornada de carreira de cabalos. Agora que comeza o Mundial de fútbol traemos en páxinas centrais o calendario do mesmo.

Ourense en Común denuncia a falta de transparencia do Concello. O ditamen do Consello Consultivo, sobre o plan de urbanismo só satiface ao Goberno popular.

En Xinzo de Limia haberá Internet máis rápida no seu polígono, grazas ao plan de banda larga. Mellorarase a entrada ao conservatorio de Música. O ente local mercou unha hidrolimpadora para a limpeza de rúas e de montes. Xa comezaron as obras de saneamento en rúas do casco vello.

A Deputación de Ourense firma 48 convenios con 33 concellos da provincia. O presidente da Deputación, Manuel Baltar, recibe a alumnos de Normandía.

En deportes, o O CH Barrocás regresa a División de Honra B de hoquei tras vencer ao Sardinero. O Sincro Ourense triunfa na casa na Copa Deputación e será un dos favoritos para acadar medallas no galego que se disputa esta fin de semana na piscina Rosario Dueñas de Ourense.

A praza do Ferro e a de San Martiño acollerán concertos durante as Festas de Ourense. Os concertos no Ferro serán ás 21 horas e na de San Martiño darán comezo ás 20 horas. O enofestival celebrarase o día 30 nas Burgas.

Todo isto e máis nas páxinas do novo Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha