Co fin de dinamizar o comercio de Verín.

AEVER organzia un campamento urbano

Presentouse o Campamento Urbano de AEVER 2018 que terá lugar os próximos días 21, 22, 23 e 24 de agosto, de 18 a 21 horas, en Verín. O acto celebrouse na sede de AEVER e contou coa presenza de Diego Lourenzo, tenente de alcalde de Verín e concelleiro de Mocidade; Santos Álvarez, presidente de AEVER e Jose Ángel Rodicio, xerente da asociación.

Este conxunto de actividades variadas está organizada pola Asociación de Comerciantes De Verín (AEVER) coa colaboración do Concello de Verín, a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Ourense. A finalidade desta iniciativa é dinamizar o mercado verinense e, ao mesmo tempo, axudar a que os clientes dos establecementos adscritos a AEVER poidan facer as súas compras mentres os seus fillos se divirten no campamento.

Entra as actividades das que disfrutarán os cativos e as cativas encontramos un Rocódromo Xigante de 8 metros, unha xincana fotográfica e outra de obstáculos, un toro mecánico, un simulador de tablas de surf, festa da escuma, inchables, xogos interactivos,…

A idade mínima para participar é de 7 anos e as inscricións faranse o 21 de agosto, ás 16.30 horas nunha carpa que se instalará na praza do Concello. Para poder participar haberá que conseguir os tiquets que se facilitarán coas compras nos establecementos asociados a AEVER. Os prezos serán os seguintes:
– 4 días de campamento: 15 tickets + 5 euros
– 1 día de campamento: 5 tickets + 2 euros.

Torneo fútbol 3×3
O Torneo de Fútbol 3×3 celebrarase os vindeiros días 7, 8 e 9 de agosto na praza García Barbón.

O torneo estará dividido nas seguintes categorías:
– cadete infantil: nados 2003-2004-2005
– alevín: nados 2006-2007
– benxamín: nados 2008-2009
– prebenxamín: nados 2010-2011-2012-2013

A inscrición, de carácter gratuíta, pode realizarse ata o 6 de agosto pola mañá no Complexo Deportivo de A Granxa (Tlf. 988 411 226) e deberá facerse en equipos formados por un mínimo de 3 e un máximo de 5 participantes, podendo ter compoñentes de ambos os sexos.