Proxectaranse o luns, 8, e mércores, 10.

“Visages, villages” e “A gran enfermidade do amor”, no cineclub

O cineclub Padre Feijoo trae dúas novas proxeccións á Biblioteca de Ourense. “Visages, villages” e “A gran enfermidade do amor” son as propostas.

O luns día 8 chega “Visages, villages”, de Agnès Varda et JR (Jean René). Ás 20.30 e 23 horas. O prezo será 2 ou 2,5 euros (asociados ou publico xeral).
A última película de Agnès Varda, que os seus 89 anos non dubidou en asociarse para este proxecto co fotógrafo e artista urbano JR.
Varda comenzou no cine no ano 1954, con profundas conviccións sociais a sua filmografía está actualmente centrada no cine documental, pero é imposible non lembrar títulos tan senlleiros como Clèo de 5 a 7, La felicidad, Sen teito nen lei, aos que engadir grandes referencias do cine de non ficción como son Os espigadores e a espigadora, As praias de Agnès, etc.
Ambos inician unha viaxe en camión/fotomatón polo norte de Francia buscando persoas anónimas para fiar un interesante relato sobre a identidade.

A gran enfermidade do amor
E o mércores, día 10, chega a comedia romántica “A gran enfermidade do amor”. Con pases ás 18, 20.30 e 23 horas e ao prezo de 4 ou 5 euros (para asociados ou público xeral).

Chega a que para a maioría da crítica internacional foi a “comedia” do pasado ano, en clave romántica, e cun conciliador mensaxe de integración sobre as diferencias culturais e mesmo relixiosas.
Veracidade non lle pode faltar cando foi escrita pola parella protagonista na vida real, e protagonizada por un deles, o cómico televisivo Kumail Nanjiani.
Conta a historia real de Kumail e Emily, unha parella que se coñece nun espectáculo de comedia. Cando parecía que todo ía quedarse nun encontro dunha noite, a súa relación empeza a avanzar malia as diferenzas culturais, complicando as vidas de todos polas expectativas que tiñan os pais de Kumail, musulmáns estritos.