Que se celebrará os días 17 e 18 de novembro.

Aberto o prazo de inscrición para os Expositores da Feira De Outono 2018

Verín celebra o 17 e 18 de novembro a cuarta edición da Feira de Outono, centrada nos productos de tempada e ecolóxicos. Todos os expositores interesados en instalar unha caseta xa se poden inscribir no Concello de Verín (Planta baixa).

Para participar será condición indispensable que a temática do posto estea relacionada cos produtos alimentarios típicos de outono.

Condicións de participación
– Horario da feira: 11 – 14.30 e de 16.30 – 20.30
– Ubicación: Unha carpa na Praza Maior.
– Cuota de participación: 30 euros (pagando en efectivo na Tesourería do Concello de Verín ou por transferencia bancaria, Nº conta bancaria: ES30-0182-0618-46 – 0010025874 (BBVA)
– As candidaturas deberán ser formalizadas antes do 5 de novembro de 2018
– A Folla de Inscrición e os xustificantes bancarios ou recibís en efectivo entregaranse por algún dos seguintes medios:
a) No Concello de Verín -na planta baixa
b) Por correo electrónico: feiras@verin.gal;
c) Por fax: 988 41 19 00
– Dada a limitación de espazo para expor os produtos, realízase a asignación de posto por orden de entrada e pago. Por iso é importante realizar a inscrición e pagamento canto antes.
– PARTICIPANTES: aberta a inscrición a expositores de alimentación
– Oferta de produtos típicos de outono.
– Non se permite a venda de produtos de alimentación que non se encadren nesta época.
– Permítese a degustación de produto de outono.
– Os participantes traerán os seus taboleiros . En caso excepcional, avisar ao Concello para por taboleiros se hai dispoñibilidade.
– A decoración temática do posto corre a cargo do expositor.
– Importante manter a limpeza dentro do stand tal cal se entrega o primeiro día
– A carga e descarga realizaráse dun xeito organizado, sen interrumpir a resto de expositores, viandantes, resto de coches, etc…Mantendo libre os vados e aparcamentos.
– A organización resérvase o dereito de anular a inscrición dos participantes, cuxos produtos non certifiquen calidade para ser comercializados así como a temática.
– Os participantes son responsables dos produtos vendidos e serán obrigados a indemnizar a calquera comprador que lles vendan produtos sen calidade.
– A organización non se responsabiliza dos danos ou desaparición de obxectos dos stands durante o horario de funcionamento do evento.
– A reposición de mercadoría, durante o horario de funcionamiento do evento, deberá ser comunicada a organización para a correspondente autorización.
– É obrigatoria a presenza dunha persoa mínimo no respectivo stand durante toda a feira, 5 minutos antes da hora de apertura ata a hora de peche.
– O participante non pode ceder a calquera título, oneroso ou gratuíto, o seu dereito de ocupación do espazo.
– Por motivos de seguridade, baixase a corrente eléctrica pola noite dentro da carpa.
– Da noite do sábado ao domingo haberá un garda de seguridade.
– Calquera necesidade especial ou información que deba estar en coñecemento da organización, deberá ser comunicada a organización.