A exposición poderase visitar ata o 9 de decembro.

“Hinterland”, de Xesús Vázquez, no Centro Cultural “Marcos Valcárcel”

A pintura do artista Xesús Vázquez volve ao Centro Cultural “Marcos Valcárcel” coa exposición “Hinterland”, ata o día 9 de decembro. A presentación da mostra tivo lugar no centro cultural, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o director do Centro Cultural, Francisco González; e o propio artista.

O vicepresidente da Deputación de Ourense agradeceu ao artista ourensán, residente en Cantabria, que “volva ás súas raíces e que o seu saber artístico serva de recreo aos ourensáns que visiten este Centro Cultural, punto de encontro e porta aberta á pluralidade cultural e artística”. Así mesmo, Rosendo Fernández lembrou que Xesús Vázquez xa expuxo no ano 1968 no Museo Arqueolóxico de Ourense o que “demostra a súa longa traxectoria artística”. Neste mesmo sentido, Francisco González dixo que o artista foi dos “primeiros protagonistas deste Centro Cultural, que naceu coa vocación de ser un espazos para os artistas de Ourense, pero tamén para os artistas noso que por diferentes circunstancias desenvolven fóra da nosa provincia a súa actividade pero que sen afastarse emocionalmente de Ourense”, como é o caso de Xesús Vázquez.

A exposición, composta por oito cadros que enchen todo o espazo da sala de exposición do Centro Cultural, mostran “non só paisaxes, senón tamén son unha chamada á pensar noutras cousas que teñen que ver coa pintura”, explicou o artista, quen sinalou que esta mostra é “unha especie de renovar cousas que xa fixen no ano 80, paisaxes peligrosos, que poderían sobrevivir só tres minutos”. “Hinterland” pretende ser “o crecemento da historia da pintura”, sinalou Xesús Vázquez. O director do Centro Cultural destacou destra mostra a súa “grandiosidade”, e “a novidade que aporta é o soporte, e todo iso é unha mostra de innovación e da capacidade creadora do artista”.