A D.O. Monterrei colabora co evento.

Xinzo celebra o seu magosto

Este venres, 9 de novembro, Xinzo de Limia celebra o seu magosto. Será a partir das 20 horas na praza de Oriente.

Repartirase pan con chourizo asado, carne asada, viño e castañas asadas. Todo amenizado polo grupo tradicional A Armada.

DO Monterrei
Por terceiro ano consecutivo, a Denominación de Orixe Monterrei volverá participar no Magosto de Xinzo de Limia.

Co fin de continuar a colaboración, realizada durante os últimos anos, o DO Monterrei achegará viño para a realización desta celebración tradicional, na que a castaña é a protagonista.

“Esta acción, xunto co apoio á Festa do Esquecemento, axuda a estreitar lazos de colaboración con este municipio veciño, reforzar a nosa presenza na zona, e permite que estas citas sexan un escaparate promocional para os nosos viños”, manifesta o presidente do C.R.D.Ou. Monterrei, Lara Dá Silva.