A directora xeral de Administración Local, da Xunta de Galicia, Marta Fernández-Tapias, indicou que o concello ten recibido axudas da Vicepresidencia por un importe que supera os 417.000 euros.

A Casa Consistorial de Montederramo rematou as obras de mellora

A directora xeral de Administración Local,Marta Fernández-Tapias, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitaron o concello de Montederramo que contou cunha axuda do Goberno galego para levar a cabo as obras de rehabilitación e melloras na casa consistorial.

Marta Fernández-Tapias, e Marisol Díaz Mouteira, comprobaron de primeira man as obras levadas a cabo na casa do concello debido ao estado de deterioro que presentaba o edificio. O concello contou cunha axuda da Orde de Infraestruturas de uso público de preto de 36.000 euros pola cal van acometeron obras de mellora na cuberta que presentaba diversas humidades, na fachada do edificio, foron substituídas as ventás da fachada principal e no interior da casa consistorial reformaron as estancias danadas pola humidade procedente da cuberta.

Unha actuación realizada ao abeiro da orde de Infraestruturas, coa que o Goberno galego apoia pequenas actuacións realizadas polos concellos máis pequenos, dende instalacións deportivas ata prazas, paseos, parques infantís ou dependencias municipais onde se presten servizos administrativos.

A Xunta continúa a desenvolver medidas para potenciar e apoiar a prestación de servizos por parte dos concellos, como Administración máis próxima aos administrados, converténdoos en motores do desenvolvemento económico rexional, co obxectivo último de garantir un equilibrio no territorio galego entre o medio rural e urbano, o interior e a costa que permita o desenvolvemento económico da totalidade do territorio.