A novena edición contou con 102 traballos a concurso.

O OUFF Escola entrega os seus premios nunha edición de récord

O OUFF Escola celebrou a súa entrega de premios no Auditorio Municipal de Ourense, no que é a novena edición deste concurso. O actor Fernando González, foi o encargado de presentar o acto nunha sala chea de público novo e ilusionado.

Os galardóns desta edición foron:
– Mencións especiais:
Centro de Educación Especial Infanta Elena
CEIP Os Ponzos de Ferrol
IES As Barxas
IES Poeta Díaz Castro
IES Xesús Taboada Chivite (Verín)

– Mellor guión, na categoría de Infantil ou Primaria: “Na Corredoira”, CEIP Tenorio.
– Mellor guión, niveis de ensino non universitario: “Entre o río e o mar”, IES Breamo
– 2º Premio, na categoría de Infantil ou Primaria: “O conto da muiñeira”, CEIP Nosa Señora dos Nomes.
2º Premio, niveis de ensino non universitario: “Chico, o cabalo”, IES As Barxas
– 1º Premio, na categoría de Infantil ou Primaria: “Mareas Vivas”, Colexio Sagrado Corazón de Placeres
– 1º Premio, niveis de ensino non universitario: “O Preguiceiro”, IES Alfoz Valadouro

O OUFF Escola, que este ano celebra a súa novena edición, bateu todo tipo de récords con 102 inscritos, 30 máis que o ano pasado. 18 dos traballos proceden da provincia de Ourense, 36 de A Coruña, 37 de Pontevedra e 11 da provincia de Lugo.

O OUFF Escola, organizado polo Concello de Ourense en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, ten como obxectivo impulsar o uso do idioma galego entre a mocidade, conocer a visión desta sobre a súa contorna sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo, nunha linguaxe atractiva para o alumnado, que contribúa a xerar un espírito crítico. Este certame pretende, así mesmo, potenciar o uso das tecnoloxías da información e da comunicación nos centros de ensino e crear un espazo de referencia para a mostra do audiovisual feito nas aulas.