Serán as próximas proxeccións do cineclub na biblioteca pública.

Un documental, unha película e curtas, no Padre Feijoo

O cineclube Padre Feijoo proxecta tres novas sesión de cine na biblioteca pública.

O luns 17. Documental “Mutantes”, de Álvaro Larriba. Ás 20.30 horas. Entrada de balde.
Mutantes é un canto a algo querido e esencial na subcultura pontevedresa: O Liceo Mutante. Dirixido por un dos seus membros, amósanos todo o que pasa alí.

O mércores 19 proxéctase a película A Viaxe das súas vidas. Os pases serán ás 18, 20.30 e 23.00 horas. O prezo da entrada: 4/5 euros (asociados/publico xeral).
Ella e John están fuxindo do coidado asfixiante dos seus médicos e fillos. John está perdendo a memoria, é despistado pero tenaz. Ella é fráxil pero á vez enxeñosa. A súa viaxe a bordo do seu fiel caravana lévaos desde Boston ata Key West nos Estados Unidos. Compartindo no seu traxecto tanto momentos de alegría como de angustia, van recobrando así a súa paixón pola vida e o seu amor polos demais, mirando con perspectiva e de forma distinta todo o que van deixando atrás.

E a última das sesións programadas, ata a data, será o xoves, 20 de decembro, coa sesión “O Día+curto” adicado á igualdade. A partir das 18 horas e con entrada de balde.
O día + curto é un evento anual que xa se celebra con éxito noutros países europeos durante o solsticio de inverno.
O obxectivo principal é dar a coñecer as curtametraxes ao público maioritario a través de proxeccións de cine gratuitas nas rúas e en todo tipo de espazos.
Nesta ocasión, o Cineclube recibiu a colaboración dos xóvenes e equipo profesional do Centro Trama de Ourense e do CIPF Portovello, que programaron unha selección de curtametraxes arredor da igualdade que dura en total 1 hora e 2 min, a partires de distintas propostas premiadas no FICBUEU e do catálogo do Institut Francais.

Curtametraxes:
14 anos e un día
Arantxa, unha adolescente de catorce anos, decide enfrontarse á súa nai para dicirlle que non soportará máis a violencia como método de educación.

Dependent
Josh, un adolescente con problemas, escapa do seu Fogar de Coidado para ir a casa e protexer á súa nai da súa ex, só para descubrir que a situación non é o que parece

Guy Moquet
Guy Moquet, ou Guimo, ou Guim’s, prometeulle a Ticky que a vai a bicar ao amencer, no medio do barrio e diante de todo o mundo. Se cadra non é unha tolemia? Pero se cadra non vai ser tan fácil.