Consulta a programación de actividades do Concello de Verín.

Nadal en Verín

Dende 8 decembro ao 6 de xaneiro
Belén da Viruca – Salón Parroquial de Verín, De luns a sábado de 17 a 20 horas.
Belén de gran tradición familiar que mostra a veciños/as e visitantes escenas típicas da tradición relixiosa e elementos da actualidade galega. Un Belén que é posible grazas á dedicación desta familia e a colaboración da Uap de Verin.

Día 16 de decembro
Obra de teatro: «Loucos de atar» de Caixa de Pandora de Verín.
Auditorio Municipal, 19 horas

Dende o día 20 ata o día 11 de xaneiro.
Agasallarte (Agasallos artísticos orixinais)
Sala de Exposicións de Verín. Horarios: Lunes a viernes, 16:30 a 20 horas
Nadal e Reis son datas asociadas aos agasallos. Nada mellor que regalar algo orixinal, froito da nosa imaxinación e pericia. A Escola de Artes e Oficios de Verín presenta unha colección de obras creadas con esa finalidade, en diversas perspectivas, materiais e formatos.

Do 22 ao 30 de decembro
Pista de xeo natural
Praza García Barbón, de 11:00 a 14:00, e de 16:00 a 22:00 horas
Prezo dá entrada é de 5€. Comprando nos establecementos asociadoas a CCU AEVER e AEHCOM conseguirás un ticket desconto de 2€.

Desde 22 decembro ao 7 de xaneiro
Ludonadal
Pavillón Municipal de Deportes, de luns a venres, de 09,00 horas ata as 14,00 horas, e dende as 16,00 horas ata as 20 horas. Os sábados o servizo prestarase de mañá, entre as 09,00 horas e as 14,00 horas.

Tódolos días de vacacións escolares, haberá un servizo de ludoteca destinada a estas datas e dirixida a nenos/as, con idades comprendidas entre os 3 e os 10 anos, co obxecto de facilitar a conciliación dos pais e nais e proporcionar aos/as nenos/as un espazo de lecer durante as vacacións de Nadal.

Sábado día 22
Concerto de Nadal da Banda do conservatorio elemental de música de Verín
Residencia de Anciáns Hogar Santa María, 16:00 horas
Temas populares do repertorio internacional interpretados da Banda do Conservatorio Elemental de Música de Verín.

Sábado día 22
Gala concerto da banda Nova era
Auditorio Municipal, 19 horas
Co espactáculo “Winter has come”

Domingo día 23
Cantos sacros e panxoliñas
Residencia de Anciáns Fogar Santa María, 10 horas
Actuación da Coral de Verín

Sábado día 29
Gala de Nadal da Asociación Cultural Candaira
Auditorio Municipal, 20 horas

Mércores día 2
Teatro infantil «O coellos branco».
Auditorio Municipal, 18:00 horas

Xoves día 3 de xaneiro
Gala familiar de Aeuver. Estrelas máxicas da compañía Menudo circo.
Pavillón dos Deportes, 18:30 horas
Co tradicional sorteo e premio de escaparatismo (20 horas)

Venres día 4
Gala soliaria a favor das vítimas de violencia de xénero
Auditorio Municipal, 20:30 horas

Sábado día 5 de xaneiro
Cabalgata de Reis
17:30 horas
Co recorrido habitual, comezando no asilo e terminando no Pavillón Municipal de Deportes. Poderanse recoller os traxes de pastor/a, anxo ou estrela na Ludoteca de Nadal para formar parte da cabalgata acompañando aos reis magos.

Domingo día 6 de xaneiro
XXIV Recital de panxoliñas da Coral de Verín
Igrexa da Mercé de Verín,20:00 horas.