A Deputación o adquirirá para a asociación.

Aspanas contará cun novo vehículo

A Deputación de Ourense adquirirá este ano un novo vehículo para os usuarios de Aspanas. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial á presidenta de Aspanas, a asociación de pais e nais a favor das persoas con discapacidade intelectual de Ourense, Antonia Masid, acompañada pola vicepresidenta e o xerente da entidade, Esther Gómez e Sergio Regueiro, respectivamente. Desde a asociación fixéronlle chegar ao presidente provincial unha serie de propostas de colaboración, que a Deputación de Ourense atenderá ao longo de 2019. A máis importante destas iniciativas é a adquisición dun vehículo para o transporte dos usuarios de Aspanas, que a Deputación de Ourense fará efectiva durante este exercicio.

O presidente do goberno provincial confirmou tamén que o vindeiro 6 de febreiro visitará ás instalacións de Aspanas, e no que atinxe a proxectos de futuro, cara ao ano 2020 -tendo en conta que os orzamentos para o vindeiro exercicio aprobaranse en setembro desde ano-, abordaron fundamentalmente a realización de melloras nas dependencias de Aspanas, para o cal a asociación achegará unha memoria que recolla as obras que é necesario acometer.