O Goberno licita por 12,2 millóns a súa reforma.

Luz ao final do Arqueolóxico

Máis dunha década houbo que agardar para que o Goberno do Estado licitara as obras de reforma do Museo Arqueolóxico. E por fin, en 2019 licítase por 12,2 millóns de euros a restauración dun dos emblemas da nosa cidade. Hai luz ao final do Arqueolóxico!

A plataforma de contratación do sector público publicou o luns, 4 de febreiro, o anuncio de licitación e o pliego das obras, cun importe total de 12.246.860,33 euros, e un orzamento do proxecto cifrado en 10.121.372,17 euros
As empresas interesadas en acometer esta obra, cunha duración de 30 meses, teñen ata o 14 de marzo para presentar as súas ofertas, polo que as mesmas poderían estar adxudicadas en abril. Se se cumpren os prazos, en 2022 Ourense tería operativo o antiguo Palacio Episcopal.

Medallas
Tanto PSOE coma PP colgáronse as medallas da licitación do Arqueolóxico. Mentres o alcalde, Jesús Vázquez, falaba “dun dos grandes obxectivos deste mandato” ademais dun “intenso traballo levado a cabo nestes meses” nos que se outorgou “a licencia de obra en tempo récord”, os socialistas lembraban os oito anos de “absoluta parálise e vendo como os gobernos de Mariano Rajoy e de Núñez Feijóo foron incapaces de facer nada para executar as obras”.