Grazas aos votos de BNG e PP, os nos adscritos abstivéronse.

Fumega e o seu grupo foi reprobado

Nun pleno extraordinario realizado hoxe, 19 de febreiro, a petición do Bloque para analizar a situación do goberno carballinés «polos dous anos e medio de desbaraxustes» resultou reprobado todo el.

A moción presentada polos nacionalistas en principio so quería reprobar ao alcalde pero o PP quixo cambiala porque consideraba responsable aos 8 concellais pese a que 3 xa están no grupo mixto. O BNG comezou realizando unha enumeración de incumprimentos por parte do goberno de case todas as suas promesas e a sensación de «que fracasaron, decepcionaron aos vecinos», e aludiu a lealdade do alcalde co partido socialista ensinando un programa do Bloque de fai 25 anos onde ía de 7 na lista.

A continuación os 3 non adscritos que acaban de deixar o grupo municipal socialista presentaron as súas intencións no tempo que resta de mandato e decidiron absterse e tras unhas queixas dirixidas ao alcalde declararon que non van facer a guerra e que van seguir traballando polos veciños. Insinuaron que en moitas decisións que se tomaron no mandato está a colaboración entre PP e PSOE.

En canto ao PP, Marnotes dixo que xa llo advertira ao alcalde cando para aprobar os orzamentos do 2016 pediu o cese de Adolfo. Xustificou o apoio á reprobación porque o 70% dos acordos que se tomaron en pleno non foron cumpridos e só se atenderon o 10% dos rogos e preguntas que trouxeron dos veciños.

No turno do alcalde, Fumega non o ve todo tan negro. «A xestion non e tan caótica. Recuperouse a credibilidade cos proveedores pagando pronto, reduciuse a debeda de 4 millóns de euros a cero, o matadoiro… teño que recoñecer o traballo dos meus concelleiros». O concelleiro de Alternativa Veciñal non puido asistir por motivos persoais.
Coa reprobación do alcalde entramos na recta final deste mandato pois como explicou o alcalde «se esto tivera ocorrido á metade do mandato sería ben distinto pero no que queda xa está todo frito». Na votación final BNG e PP, 7 votos, aprobaron a moción dos nacionalistas da reprobación de todo o goberno fronte aos 5 do PSOE en contra. Os non adscritos abstiveronse.